Entradas

Plantación de Patacas

Imagen
           A nosa horta segue crecendo. É tempo de plantar patacas e regar.  Pouco a pouco vemos medrar a nosa plantación e agora coa chegada da primavera, no camiño non podemos evitar ver e recoller flores que antes non estaban e admirar o canto dos paxariños no medio do silencio da horta. 🌱🐝🌸🌷🌹 Benvida primavera

Dia Mundial da Auga

Imagen
  O dia 22 de Marzo foi o dia Mundial da auga, e como o noso proxecto en Infantil xira en torno á mesma, unha familia dun neno de Infantil que traballan no sector da Saúde, explicaron a importancia da auga para o noso corpo e como medio para o benestar propio. Coidemos a auga! e así coidaremonos a todos.

Saída á contorna

Imagen
                       Aproveitando un dos poucos días que deixou de chover, achegamonos a un lavadoiro e zona recreativa preto da escola onde vimos de onde ven a auga e os usos da mesma.  Seguimos traballando no noso proxecto da auga para dar resposta a moitas das nosas preguntas.

Semana da prensa (4 ao 8 de Marxo)

Imagen
                                   Esta semana desde o Equipo de Biblioteca propuxeron unha actividade para convertirnos en xornalistas. Creamos a nosa noticia, buscamos unha boa noticia dos xornais ou unha que pasara no noso centro.  Cada aula colaborou en crear un tendal de boas noticias. 

8M

Imagen
                  A semana pasada celebramos o Dia da Muller (8M) as familias colaboraron coa foto da muller máis importante para eles.  Toda a semana falamos sobre a importancia do respeito e que todos temos os mesmos dereitos. Desde o Equipo TIC propuxeron traballar as mulleres referentes   Este ano, debido á nova incorporación no programa de Polos Creativos, quixemos orientalo cara a visibilización de grandes mulleres científicas como son Ada Lovelace, Margarita Salas, Hipatia de Alejandría ou a xa moi coñecida Marie Curie, entre outras. Esta magnífica exposición culminou coa incorporación da placa programable makey-makey coa cal o alumnado puido gravarse e escoitar así as biografías das diferentes mulleres.  Foi un éxito rotundo! https://www.instagram.com/p/C4XbG8cOKGF/

Dia de Rosalía de Castro

Imagen
  Esta semana traballamos a Rosalía e hoxe celebramos o Dia de Rosalía de Castro, despois de facer o "Roteiro rosaliano" proposto por o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con preguntas sobre a homenxeada recobimos o agasallo:  unha volta en Kars.        Felicidades Rosalía! https://enredacoalinguatin.blogspot.com/2024/02/aniversario-de-rosalia-de-castro.html

Dia da Candeloria

Imagen
   O  Día das Candeas  ou  Día da Candeloria  celébrase o 2 de febreiro,  cando ' casan os paxariños e maila galiñola '. O noso alumnado aproveitou esta data para enviar cartas de amizade aos compañeriros e compañeiras da escola. Lembrade que ' cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro'