A ritmo de magosto
Este venres tocounos celebrar outra festa, o magosto . Pero sabedes cal é a súa orixe? Clica na seguinte imaxe para descubrilo! Numerosos músicos crearon cancións adicadas ao magosto. Coñecedes algunha das que vos deixamos a continuación? O outono de Uxía Lambona e a banda molona 🎵 O rap do Magosto de Paco Nogueiras 🎶 Tres castañas polo chan de Susa Herrera 🎵 Chegou o Magosto de Jesús Pareja 🎶 Outra tradición é a dos zonchos. Qué é isto? Castañas cocidas coa pela que unha vez frías, cunha agulla e un cordel se enfían unhas detrás doutras ata crear un colar. Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che ei de dar moitos... Dille Rosalía á nena gaiteira no comezo de Cantares Gallegos. Deixámosvos un exemplo: Pola nosa parte, no cole mergullámonos no ambiente otoñal galego e a chuvia non impediu que todos disfrutásemos das castañas e da música. Polo que, cando chegou a hora do almorzo, por quendas acudimos ao patio para coller as castañas asadas que nos ...

Comentarios
Publicar un comentario