Entradas

Mostrando las entradas de noviembre, 2020

Aprendemos xuntos

Imagen
Nesta ocasión, deixámosvos un vídeo de Francesco Tonucci. Tamén coñecido como Frato, é un pensador, psicopedagogo e debuxante italiano que fai unha reflexión sobre o significado real da palabra <<educar>> e da importancia dunha boa relación e coordinación familia-escola. Clica na imaxe para escoitalo:

Tecnoloxía, ¿beneficia ou perxudica o desenvolvemento dos nenos?

Imagen
" Que un niño de 3 años sepa desbloquear la pantalla de un celular, no es noticia que hoy sorprenda. Los nativos digitales crecen creyendo que los aparatos electrónicos son parte fundamental del día a día" Neste interesante artigo que vos deixamos a continuación analizan os pros e os contras do impacto que a tecnoloxía xera nos máis pequenos. Cal é a túa opinión? Preme no enlace de abaixo para botarlle un ollo 👀: Educar sin tecnología: ¿El método que no falla?

Semana da ciencia

Imagen
Esta semana celebramos no cole a Semana da ciencia , polo que levamos a cabo diferentes experimentos. Na clase de 3 anos cambiamos a cor dun apio (planta que tamén sementamos hai días). Para iso, debemos contar cos seguintes materiais:  Para comezar, temos que botar unhas gotiñas de colorante en cada un dos vasos. Nós, eliximos a cor vermella e azul: Unha vez feito, só temos que meter un talo en cada recipiente: Tamén lle preguntamos aos nenos as súas hipóteses do que iba a ocorrer. Estas foron as súas respostas: Os nenos de 5 tamén fixemos o mesmo experimento:   E as nosas hipóteses foron: Deixamos pasar un par de días e despois observamos cómo estaba o apio: E comprobamos que as follas tiñan pintiñas de cor azul e vermello! Na clase de 5 tamén funcionou o experimento: Por outra banda, os nenos de 4 anos xa fixeramos o experimento do apio hai uns meses polo que nós...fixemos plastilina!! Para iso, precisamos de fariña á que lle botamos leite corporal: O seguinte paso foi mesturar e am

Proxecto do horto

Imagen
" La  educación es una pequeña semilla que se planta cuando somos  pequeños pero que debe regarse toda la vida. "  Pablo Freire O horto escolar é unha recurso educativo moi beneficioso para o alumnado xa que, ademais de promover a educación medioambiental, favorece unha aprendizaxe activa experimentando en contacto directo coa natureza.  Así,  un día uns trasniños visitaron a nosa escola e deixáronnos unhas mensaxes e unha gran sorpresa: sementes.  Para poder sementar, os nenos de 5 anos fumos a buscar terra do entorno. Tamén construimos uns bancais na zona esquerda do cole, que limita coas caravanas.  E xa estabamos listos para poder sementar! En 3 anos despois de dividirnos por grupos, cada un coa sua maceta propia, escoitamos á profe Luisa falarnos de cómo tiñamos que facer: Primeiro hai que mesturar terra do entorno, area e sustrato fertilizado.  Por grupos, fumos enchendo cada maceta coa mestura: Agora toca botar as sementes (dúas macetas de espinacas, dúas de canónigos

O noso propio magosto

Imagen
Hoxe por fin tivemos a sorpresa...🌰 Todos os nenos de Infantil disfrutamos dun magosto tradicional! E... como é iso? Pois primeiro fixemos unha base de fasco, tamén chamado frouma (folla do piñeiro). E, enriba da base, botamos as castañas como vedes na imaxe: Unha vez botadas as castañas, temos que cubrilas botando por riba máis fasco. Despois, xa chega o momento de prender lume ao redor. Logo dun anaquiño, apagamos o lume e xa tiñamos as castañas asadas. Listas para comer!

A ritmo de magosto

Imagen
Este venres tocounos celebrar outra festa, o magosto . Pero sabedes cal é a súa orixe? Clica na seguinte imaxe para descubrilo! Numerosos músicos crearon cancións adicadas ao magosto. Coñecedes algunha das que vos deixamos a continuación? O outono de Uxía Lambona e a banda molona 🎵 O rap do Magosto de Paco Nogueiras 🎶 Tres castañas polo chan de Susa Herrera 🎵 Chegou o Magosto de Jesús Pareja 🎶 Outra tradición é a dos zonchos. Qué é isto? Castañas cocidas coa pela que unha vez frías, cunha agulla e un cordel se enfían unhas detrás doutras ata crear un colar.  Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che ei de dar moitos... Dille Rosalía á nena gaiteira no comezo de Cantares Gallegos. Deixámosvos un exemplo: Pola nosa parte, no cole mergullámonos no ambiente otoñal galego e a chuvia non impediu que todos disfrutásemos das castañas e da música. Polo que, cando chegou a hora do almorzo, por quendas acudimos ao patio para coller as castañas asadas que nos tiña