Entradas

Mostrando las entradas de octubre, 2020

Festa de cabazas no Samaín

Imagen
Este venres 30 de outubro celebramos a festa do Samaín . Coñeces a orixe desta festividade? Pica na imaxe. No cole os cativos de infantil pasárono xenial! Algúns viñeron disfrazados de bruxas, esqueletos, vampiros, demos...👻💀👿 daban moito medo!! Bailamos un montón de cancións de Samaín como estas:  Brinca Vai no Samaín de Kalandraka  O Samaín de Uxía Lambona e a banda molona E, por turnos, fumos a visitar a exposición de cabazas tanto de Infantil como de 1º e 2º de Primaria. Estaban todas moi chulas!! 🎃  Estas foron as nosas creacións: Foi unha festa moi divertida 🎉

Sociedade dixital

Imagen
"Tenemos la responsabilidad de ayudar a esta generación asombrosa, idealista y fantástica a construir su confianza, a ser pacientes y a aprender habilidades sociales para encontrar un balance entre la vida y la tecnología" Simon Sinek. Despois desta reflexión, deixámosvos un decálogo para o uso seguro das pantallas realizado polo Goberno de Navarra. A globalización e o impacto das novas tecnoloxías fan diferente a maneira de comunicarse, aprender...pero sempre debe ser con responsabilidade. 

Benvidos ao noso recuncho

Imagen
Este é o blog de infantil do colexio Atín Cela de Mos creado para poder manternos en contacto e seguir aprendendo nestes tempos tan especiais que nos toca vivir.  Nel imos a subir cousiñas que nos parecen interesantes e que esperamos que sexan do voso interese para educar e traballar cos vosos fillos desde a casa.  Imos aló?