Entradas

Mostrando las entradas con la etiqueta Proxecto

Dia Mundial da Auga

Imagen
  O dia 22 de Marzo foi o dia Mundial da auga, e como o noso proxecto en Infantil xira en torno á mesma, unha familia dun neno de Infantil que traballan no sector da Saúde, explicaron a importancia da auga para o noso corpo e como medio para o benestar propio. Coidemos a auga! e así coidaremonos a todos.

Saída á contorna

Imagen
                       Aproveitando un dos poucos días que deixou de chover, achegamonos a un lavadoiro e zona recreativa preto da escola onde vimos de onde ven a auga e os usos da mesma.  Seguimos traballando no noso proxecto da auga para dar resposta a moitas das nosas preguntas.

A nosa Horta💚

Imagen
                    Seguimos co traballo na nosa horta, a chuvia deunos un descanso dun par de días e acudimos para revisar os allosporros, que medraron moito na nosa ausencia. Como desfrutamos calzando as botas e saíndo a nosa contorna para traballar a terra!  

Propostas Outono

Imagen
          Durante este mes, na clase de 4 anos estamos descubrindo e explorando o Outono e as suas características.   Poñemos en práctica o que aprendemos nas propostas de Recunchos: conteo, número-cantidade, vocabulario, lóxica, motricidade fina... Ademais, no recuncho de vida práctica traballamos o concepto de parella mentres aprendemos a dobrar calcetins.  Xogando pasámolo pipa e aprendemos!

Recolleita

Imagen
   RECOLLEITA! !      O ciclo natural de traballo no horto escolar chegou ao seu fin  co remate das clases. Por iso os cativos e cativos estiveron a colleitar  patacas. De seguro que están boísimas!!!   Por aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o gran traballo que fixeron. Fai clic en cada imaxe para vela máis grande . 3 ANOS 4 ANOS 5 ANOS  

Avanzamos no noso pequeno gran horto

Imagen
Paso a paso o noso horto vai crecendo!  Desta vez plantando patacas como podedes ver a continuación: Tamén contamos cun sementeiro de leituga, tomates e remolacha que plantaremos no horto ao voltar das vacacións de Semana Santa. Ademais, engadiremos chícharos e tirabeques 🌱🌱 Como sabedes, podedes ver tódalas fotos clicando no correspondente collage do curso que vos interese.  Ata á volta!

Proxecto do horto

Imagen
" La  educación es una pequeña semilla que se planta cuando somos  pequeños pero que debe regarse toda la vida. "  Pablo Freire O horto escolar é unha recurso educativo moi beneficioso para o alumnado xa que, ademais de promover a educación medioambiental, favorece unha aprendizaxe activa experimentando en contacto directo coa natureza.  Así,  un día uns trasniños visitaron a nosa escola e deixáronnos unhas mensaxes e unha gran sorpresa: sementes.  Para poder sementar, os nenos de 5 anos fumos a buscar terra do entorno. Tamén construimos uns bancais na zona esquerda do cole, que limita coas caravanas.  E xa estabamos listos para poder sementar! En 3 anos despois de dividirnos por grupos, cada un coa sua maceta propia, escoitamos á profe Luisa falarnos de cómo tiñamos que facer: Primeiro hai que mesturar terra do entorno, area e sustrato fertilizado.  Por grupos, fumos enchendo cada maceta coa mestura: Agora toca botar as sementes (dúas macetas de espinacas, dúas de canónigos