Proxecto do horto

"La educación es una pequeña semilla que se planta cuando somos pequeños pero que debe regarse toda la vida.Pablo Freire

O horto escolar é unha recurso educativo moi beneficioso para o alumnado xa que, ademais de promover a educación medioambiental, favorece unha aprendizaxe activa experimentando en contacto directo coa natureza. 

Así,  un día uns trasniños visitaron a nosa escola e deixáronnos unhas mensaxes e unha gran sorpresa: sementes. 


Para poder sementar, os nenos de 5 anos fumos a buscar terra do entorno.


Tamén construimos uns bancais na zona esquerda do cole, que limita coas caravanas. 


E xa estabamos listos para poder sementar!

En 3 anos despois de dividirnos por grupos, cada un coa sua maceta propia, escoitamos á profe Luisa falarnos de cómo tiñamos que facer:

Primeiro hai que mesturar terra do entorno, area e sustrato fertilizado. 

Por grupos, fumos enchendo cada maceta coa mestura:

Agora toca botar as sementes (dúas macetas de espinacas, dúas de canónigos e unha de apio). 
Botámoslle máis sustrato encima e, por último, regamos:
Os nenos de 4 anos tamén fixemos o mesmo proceso plantando o mesmo:

E os de 5 plantamos unha maceta de espinacas, unha de canónigos e unha de apio:

Despois, fixemos un calendario de rega e imos observando cada pouco se comenzan a brotar as nosas sementes:
E...podemos dicir que xa están comenzando!

Xa somos todos uns expertos agricultores!! 🌱

Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N