Entradas

Mostrando las entradas de noviembre, 2023

Criar con saúde mental

Imagen
Que necesidades emocionais teñen os nosos fillos?, como crialos para que se convertan en adultos mentalmente sans e resilientes?, a que dificultades enfróntanse os pais e nais de hoxe? A estas e outras moitas preguntas responde María Velasco, psiquiatra e psicoterapeuta especialista en nenos e adolescentes. “Vivimos nunha sociedade que non permite nin aos pais/nais nin aos fillos/as vivir unha infancia e unha adolescencia mentalmente sas. A soidade e a falta de axuda, así como as esixencias sociais, son algunhas das causas de que os pais e as nais non poidan satisfacer as necesidades dos nenos e adolescentes”, explica. No seu libro, ‘Criar con saúde mental’, a doutora Velasco une a análise ás propostas para axudar aos pais e nais actuais a criar aos seus fillos, co obxectivo de que se convertan en adultos mentalmente sans, capaces e resilientes.

Maxia na manga

Imagen
    Este venres gozamos do espectáculo de Maxia na manga, onde os protagonistas magos e magas achegan de unha forma lúdica a maxia e a igualdade. 

25N

Imagen
            Esta semana traballamos a Non violencia, entendendo como o Respeito a todas a persoas. Xuntamos a nosas mans para expresar que serven para dar caricias, cariño, abrazos... Se hai respeto non hai violencia. Rematamos escribindo nas mans para recordalo. Tamén desfrutamos coas recomendacións desde biblioteca para esta semana.

HORTO

Imagen
            Despois de tantos días de chuvia, por fin esta semana saiu o sol e puidemos volver ao horto a plantar os allos porros.              Entre todos fixemos un buraco na terra e plantamos. Esperemos que vaian arriba, seguiremos                   pendentes de regalos para que crezan.

Magosto 2023

Imagen
     O venres 10 de Novembro celebramos todos xuntos a xornada de convivencia do Magosto.  Comemos castañas, bolo preñado con chourizo ou tortilla para alérxicos.  Xogamos todos xuntos cos xogos tradicionais. En Infantil "A castaña por detrás", "Encestar a castaña" e Zancos. Axudamos entre todos para que este dia fose unha experiencia moi positiva. Así despedimos o mes de Outubro.  De novo, ¡grazas familias! por axudarnos a celebralo proporcionando as castañas e a leña. O alumnado de 6º foron os protagonistas, coa colaboracion de todos conseguimos un Magosto xenial!

Traballamos o Samaín

Imagen
     O Samaín deu moito xogo na clase de 4 anos!  Fixeron transvases na mesa de experimentación con arroz tinguido e caldeiros de bruxas e pantasmas.  Traballaron o conteo con arañas na mesa de luz, a asociacion número-cantidade con pócimas máxicas e pasta con formas monstruosas, a recta numérica cos puzzles matemáticos, as seriacións e orientación espacial ca pasta monstruosa, a motricidade fina con collares de pasta, o recoñecemento de letras co vocabulario temático…  Por suposto o día da festa fixemos un desfile para explicar os nosos disfraces, bailamos ao ritmo de Uxia Lambona e Paco Pakolas, visionamos un corto con palomitas e descubrimos qué era a arte efímera e como brillaban as nosas obras ca luz negra!  Seguimos descubrindo, experimentando e aprendendo!

Festa de Samain! 🎃👻🧙‍♀️🦇

Imagen
 Samaín no Atín ! 🎃👻🧙‍♀️🦇                   Hoxe gozamos dunha festa terrorífica en Atin Cela. Non faltou de nada: desfile de disfraces na aula, almorzos terrorificos, música de "Tumba tumba" interpretada polos maiores do cole, bailamos todos ao ritmo do "Twist dos esqueletos", visita á exposicion de cabazas do centro e rematamos con pelis ou cortos de medo degustando palomitas!       Moito baile, xogo e diversión para celebrar o noso Samaín.        Vivimos unha auténtica experiencia e p asámolo de medo!

Propostas Outono

Imagen
          Durante este mes, na clase de 4 anos estamos descubrindo e explorando o Outono e as suas características.   Poñemos en práctica o que aprendemos nas propostas de Recunchos: conteo, número-cantidade, vocabulario, lóxica, motricidade fina... Ademais, no recuncho de vida práctica traballamos o concepto de parella mentres aprendemos a dobrar calcetins.  Xogando pasámolo pipa e aprendemos!