Criar con saúde mental



Que necesidades emocionais teñen os nosos fillos?, como crialos para que se convertan en adultos mentalmente sans e resilientes?, a que dificultades enfróntanse os pais e nais de hoxe?

A estas e outras moitas preguntas responde María Velasco, psiquiatra e psicoterapeuta especialista en nenos e adolescentes.

“Vivimos nunha sociedade que non permite nin aos pais/nais nin aos fillos/as vivir unha infancia e unha adolescencia mentalmente sas. A soidade e a falta de axuda, así como as esixencias sociais, son algunhas das causas de que os pais e as nais non poidan satisfacer as necesidades dos nenos e adolescentes”, explica.

No seu libro, ‘Criar con saúde mental’, a doutora Velasco une a análise ás propostas para axudar aos pais e nais actuais a criar aos seus fillos, co obxectivo de que se convertan en adultos mentalmente sans, capaces e resilientes.







Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N