Entradas

Mostrando las entradas de abril, 2024

Semana do libro

Imagen
            Esta semana celebramos o Dia do Libro (23 de abril) e para iso levamos a cabo un apadriñamento lector, no que as aulas de 2º e 3º ciclo de Primaria realizan leturas a Infantil e Primeiro ciclo. Os maiores do cole contaron contos aos pequenos co Kamishibai, Teatro, titeres, con traxes... Pasamolo en grande e fomentado a lectura e o encontro entre idades. Fixemos marcapáxinas nos recreos de infantil e plantamos leitugas da nosa horta nun vasiño de iogur como agasallo para os maiores que viñeron ler.

Horto

Imagen
                     Regamos os allosporros e todas as fabas para manter a nosa plantación.

Plantación de Patacas

Imagen
           A nosa horta segue crecendo. É tempo de plantar patacas e regar.  Pouco a pouco vemos medrar a nosa plantación e agora coa chegada da primavera, no camiño non podemos evitar ver e recoller flores que antes non estaban e admirar o canto dos paxariños no medio do silencio da horta. 🌱🐝🌸🌷🌹 Benvida primavera

Dia Mundial da Auga

Imagen
  O dia 22 de Marzo foi o dia Mundial da auga, e como o noso proxecto en Infantil xira en torno á mesma, unha familia dun neno de Infantil que traballan no sector da Saúde, explicaron a importancia da auga para o noso corpo e como medio para o benestar propio. Coidemos a auga! e así coidaremonos a todos.

Saída á contorna

Imagen
                       Aproveitando un dos poucos días que deixou de chover, achegamonos a un lavadoiro e zona recreativa preto da escola onde vimos de onde ven a auga e os usos da mesma.  Seguimos traballando no noso proxecto da auga para dar resposta a moitas das nosas preguntas.