Entradas

Mostrando las entradas de diciembre, 2020

Benvido Nadal!

Imagen
Chegou o N a d a l !! E como é unha das nosas festas favoritas celebrámola no cole moi emocionados. 🎶 Bailamos cancións e panxoliñas que nos deixou a profe Viqui no seu blog de música e que podedes escoitar no seguinte enlace:   Música Atín: NADAL (musicatincela.blogspot.com) 👑 Recibimos a visita dos paxes reais e entregámoslles as nosas cartas.  🎄E tamén fixemos moitas manualidades! Como regalo de Nadal para as nosas casas, realizamos unha árbore moi navideña. Para elo, fumos a recoller paus ao redor do cole, c ortámolos, ordenámolos de menor a maior e pegamos con cola nun depresor. Cando secaron, chegou o momento de decoralas! Así que pincelamos os pauciños cun pouco de cola e botámoslle purpurina por riba para que nos quedaran moi brillantes e, por último, troquelamos en goma eva lazos e estrelas cos que decoramos a árbore ao noso gusto: Mirade qué ben nos quedaron:  Podedes ver máis fotos do proceso clicando no collage do curso que vos interese. Esperamos que vos gustasen moito!

Evitando a sobreprotección

Imagen
“Sobreproteger es desproteger … Evitar que tus hijos sufran es evitar que crezcan.” – Ale de Barbieri Esta semana deixámosvos por aquí un artigo recomendación do profe Edu no que se fala da importancia de evitar a sobreprotección.  Podedes consultalo premendo no seguinte enlace:  “Cariño, ten cuidado que te vas a caer”: por qué los niños necesitan menos sobreprotección y más juego libre | Expertos | Mamas & Papas | EL PAÍS (elpais.com) É necesario que os nenos corran, trepen, salten, fagan equlilibrios...e os adultos lonxe de dicir "non corras que vas a caer e mancarte", debemos ofrecerlles seguridade e deixar que xoguen libremente para que sexan capaces de coñecer as súas posibilidades e limitacións por eles mesmos mediante autoaprendizaxe.  A sobreprotección fai que os nenos sexan máis medorentos, menos autónomos e con baixa tolerancia á frustación. Por iso, deixámosvos 5 consellos prácticos para evitalo e que sexan cada vez máis independentes e capaces de resolver as s