Benvido Nadal!

Chegou o Nadal!!

E como é unha das nosas festas favoritas celebrámola no cole moi emocionados.

🎶Bailamos cancións e panxoliñas que nos deixou a profe Viqui no seu blog de música e que podedes escoitar no seguinte enlace: Música Atín: NADAL (musicatincela.blogspot.com)

👑 Recibimos a visita dos paxes reais e entregámoslles as nosas cartas. 

🎄E tamén fixemos moitas manualidades! Como regalo de Nadal para as nosas casas, realizamos unha árbore moi navideña. Para elo, fumos a recoller paus ao redor do cole, cortámolos, ordenámolos de menor a maior e pegamos con cola nun depresor. Cando secaron, chegou o momento de decoralas! Así que pincelamos os pauciños cun pouco de cola e botámoslle purpurina por riba para que nos quedaran moi brillantes e, por último, troquelamos en goma eva lazos e estrelas cos que decoramos a árbore ao noso gusto:

Mirade qué ben nos quedaron: 

Podedes ver máis fotos do proceso clicando no collage do curso que vos interese.

Esperamos que vos gustasen moito!

E con isto, o equipo de Infantil desexámosvos unhas moi boas festas e que se cumpran todos os vosos desexos! 🌟

Vémonos á volta 

Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N