Traballamos o Samaín

 

   O Samaín deu moito xogo na clase de 4 anos! 


Fixeron transvases na mesa de experimentación con arroz tinguido e caldeiros de bruxas e pantasmas.

 Traballaron o conteo con arañas na mesa de luz, a asociacion número-cantidade con pócimas máxicas e pasta con formas monstruosas, a recta numérica cos puzzles matemáticos, as seriacións e orientación espacial ca pasta monstruosa, a motricidade fina con collares de pasta, o recoñecemento de letras co vocabulario temático… 

Por suposto o día da festa fixemos un desfile para explicar os nosos disfraces, bailamos ao ritmo de Uxia Lambona e Paco Pakolas, visionamos un corto con palomitas e descubrimos qué era a arte efímera e como brillaban as nosas obras ca luz negra! 

Seguimos descubrindo, experimentando e aprendendo!







Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N