O noso propio magosto

Hoxe por fin tivemos a sorpresa...🌰

Todos os nenos de Infantil disfrutamos dun magosto tradicional! E... como é iso?

Pois primeiro fixemos unha base de fasco, tamén chamado frouma (folla do piñeiro). E, enriba da base, botamos as castañas como vedes na imaxe:

Unha vez botadas as castañas, temos que cubrilas botando por riba máis fasco. Despois, xa chega o momento de prender lume ao redor.


Logo dun anaquiño, apagamos o lume e xa tiñamos as castañas asadas.


Listas para comer!



Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N