A ritmo de magosto

Este venres tocounos celebrar outra festa, o magosto. Pero sabedes cal é a súa orixe? Clica na seguinte imaxe para descubrilo!

Numerosos músicos crearon cancións adicadas ao magosto. Coñecedes algunha das que vos deixamos a continuación?

O outono de Uxía Lambona e a banda molona 🎵

O rap do Magosto de Paco Nogueiras 🎶


Tres castañas polo chan de Susa Herrera 🎵


Chegou o Magosto de Jesús Pareja 🎶


Outra tradición é a dos zonchos. Qué é isto? Castañas cocidas coa pela que unha vez frías, cunha agulla e un cordel se enfían unhas detrás doutras ata crear un colar. 
Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che ei de dar moitos...
Dille Rosalía á nena gaiteira no comezo de Cantares Gallegos.
Deixámosvos un exemplo:


Pola nosa parte, no cole mergullámonos no ambiente otoñal galego e a chuvia non impediu que todos disfrutásemos das castañas e da música. Polo que, cando chegou a hora do almorzo, por quendas acudimos ao patio para coller as castañas asadas que nos tiñan preparadas. 

Unha vez na clase, pelámolas e papámolas todas. Qué boas estaban!! 

E aínda queda unha sorpresa mais do magosto tradicional para a semana que vén...🌰🌰🌰

Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N