Semana da ciencia

Esta semana celebramos no cole a Semana da ciencia, polo que levamos a cabo diferentes experimentos.

Na clase de 3 anos cambiamos a cor dun apio (planta que tamén sementamos hai días).

Para iso, debemos contar cos seguintes materiais: 

Para comezar, temos que botar unhas gotiñas de colorante en cada un dos vasos. Nós, eliximos a cor vermella e azul:

Unha vez feito, só temos que meter un talo en cada recipiente:

Tamén lle preguntamos aos nenos as súas hipóteses do que iba a ocorrer. Estas foron as súas respostas:

Os nenos de 5 tamén fixemos o mesmo experimento: 

E as nosas hipóteses foron:

Deixamos pasar un par de días e despois observamos cómo estaba o apio:

E comprobamos que as follas tiñan pintiñas de cor azul e vermello!
Na clase de 5 tamén funcionou o experimento:

Por outra banda, os nenos de 4 anos xa fixeramos o experimento do apio hai uns meses polo que nós...fixemos plastilina!!

Para iso, precisamos de fariña á que lle botamos leite corporal:

O seguinte paso foi mesturar e amasar as dúas cousas ata crear unha masa:

Et voilà! Xa tiñamos a nosa bola de plastilina, á que lle dimos un pouco de cor botando colorante de diferentes cores:

E lista para poder xogar!! Estirándoa, facendo bonecos, tortitas...
Foi unha semana moi divertida como científicos!!
Para ver tódalas fotos clica na imaxe: 

Comentarios

Entradas más populares de este blog

O noso Patio

25N