Entradas

Mostrando las entradas de mayo, 2024

Festa da primavera e as Letras galegas🌹🌸🌺🌻

Imagen
    O 24 de Maio xuntamonos familia e escola para deseñar alfombras florais e maios entre todos. Tamén fixemos colares de pampullos. O dia acompañou para poder cantar as nosas coplas e todos cantamos e bailamos ao redor dos maios creados. Grazas aos maiores escoitamos un rock e rap en lingua galega e finalmente cantamos todos o himno. Qué ben o pasamos!  🌻Grazas a todos

Contacontos Luisa Villalta

Imagen
                      Este mércores asistimos a un Contacontos da autora homenaxeada este ano nas Letras galegas: Luisa Villalta.  Encantounos a forma de contar a vida e obra desta increible autora. 💓

Saída a Explotación experimental agrícola de Salceda de Caselas

Imagen
                     Esta semana estivo cargada de actividades, o martes saímos do cole para visitar a Explotación experimental agricola de Salceda de Caselas. Collemos ideas para a nosa plantacion da horta e vimos cómo se plantan pementos, o abono e fertilizante das plantas, o rego por aspersión, os invernadoiros e ata vimos un tractor!  Xa estamos preparados para seguir plantando.🌱