Entradas

O noso Patio

           Grazas a participación e axuda das familias de Infantil temos este patio tan bonito.               Grazas familias por facer realidade a colaboración familia-escola. 😍😍😍   

Samaín de medo!

Imagen
  Qué ben o pasamos o venres celebrando o Samaín! Fixemos unha visita ás cabazas da entrada, onde puidemos ver as creacións dos nenos/ nenas e familias do cole. Algunhas eran terroríficas. Demos de comer unha galleta cos nosos medos debuxados ao monstruo comemedos da Biblioteca que papounas todas!, vimos un corto, asistimos a unha actuación musical cos de Primaria e ata fixemos un baile todos xuntos “O twist do esqueleto” xunto cos profes. Qué ben o pasamos!

Horto 2022-2023

Imagen
        Este curso continuamos traballando na nosa horta. Primeiro, despois do verán, tivemos que acondicionar todos os bancais, retirando as herbas e removendo a terra. Despois deste arduo traballo, fixemos buratos na terra para plantar: coliflor, verza rizada, puerro, repolo, lombarda, brécol e remolacha. Unha vez plantados rematamos regando a terra para que poida medrar. Pouco a pouco iremos mostrando os avances.   Qué ilusión ver medrar a nosa plantación!

Conferencia Marian Rojas Estapé

Imagen
        Recomendamos o visionado desta pequena conferencia da psiquiatra e escritora Marian Rojas Estapé, onde explica a importancia dos efectos de Internet e as redes sociais e cómo afectan ao cerebro dos nosos fillos e fillas e a nós. Explica o que pasa no cerebro cando recibimos un like e se segrega a hormona da dopamina, así como as redes sociais poden chegar a converterse nunha vía de escape e adicción. 

Benvidos ao curso 2022-2023!

Imagen
     Iniciamos un novo curso cheo de ilusión e ganas de aprender. Neste recuncho iremos amosando todas as nosas aventuras nas que esperamos contar coa vosa participación.     3,2,1... Comezamos!

RECOMENDACIÓNS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

Imagen
  Benqueridas familias, achegámosvos  unhas pequenas recomendacións de actividades e tarefas para continuar favorecendo a desenvolvemento dos nosos cativos e cativas. Pinchade na imaxe para acceder ao arquivo en Pdf. A equipa de infantil deséxavos un bo verán.

Recolleita

Imagen
   RECOLLEITA! !      O ciclo natural de traballo no horto escolar chegou ao seu fin  co remate das clases. Por iso os cativos e cativos estiveron a colleitar  patacas. De seguro que están boísimas!!!   Por aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o gran traballo que fixeron. Fai clic en cada imaxe para vela máis grande . 3 ANOS 4 ANOS 5 ANOS