Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión. Contamos coa colaboración familia-escola para que o curso sexa unha gran experiencia de aprendizaxe para todos. Arrancamos en 3, 2, 1...
Grazas a participación e axuda das familias de Infantil temos este patio tan bonito. Grazas familias por facer realidade a colaboración familia-escola. 😍😍😍
Qué ben o pasamos o venres celebrando o Samaín! Fixemos unha visita ás cabazas da entrada, onde puidemos ver as creacións dos nenos/ nenas e familias do cole. Algunhas eran terroríficas. Demos de comer unha galleta cos nosos medos debuxados ao monstruo comemedos da Biblioteca que papounas todas!, vimos un corto, asistimos a unha actuación musical cos de Primaria e ata fixemos un baile todos xuntos “O twist do esqueleto” xunto cos profes. Qué ben o pasamos!
Este curso continuamos traballando na nosa horta. Primeiro, despois do verán, tivemos que acondicionar todos os bancais, retirando as herbas e removendo a terra. Despois deste arduo traballo, fixemos buratos na terra para plantar: coliflor, verza rizada, puerro, repolo, lombarda, brécol e remolacha. Unha vez plantados rematamos regando a terra para que poida medrar. Pouco a pouco iremos mostrando os avances. Qué ilusión ver medrar a nosa plantación!
Recomendamos o visionado desta pequena conferencia da psiquiatra e escritora Marian Rojas Estapé, onde explica a importancia dos efectos de Internet e as redes sociais e cómo afectan ao cerebro dos nosos fillos e fillas e a nós. Explica o que pasa no cerebro cando recibimos un like e se segrega a hormona da dopamina, así como as redes sociais poden chegar a converterse nunha vía de escape e adicción.
Iniciamos un novo curso cheo de ilusión e ganas de aprender. Neste recuncho iremos amosando todas as nosas aventuras nas que esperamos contar coa vosa participación. 3,2,1... Comezamos!
Benqueridas familias, achegámosvos unhas pequenas recomendacións de actividades e tarefas para continuar favorecendo a desenvolvemento dos nosos cativos e cativas. Pinchade na imaxe para acceder ao arquivo en Pdf. A equipa de infantil deséxavos un bo verán.