Entradas

Exposición de Outono

Imagen
          Hoxe rematamos as mesas de exposición do Outono, grazas a axuda das familias, temos unha ampla variedade de elementos e froitos do outono.         Os traballamos en cada aula (tocamos, vemos, sentimos e coñecemos os nomes). Os de 5 anos axudaron a escribir os carteis identificativos.           Estades convidados a visitar esta exposición na entrada do centro.          Moitas grazas por participar e axudar a facer que a aprendizaxe sexa significativa para os nenos/as.                     Feliz outono  

Dia das Bibliotecas escolares

Imagen
  Hoxe é o Dia Mundial contra o Cambio climático e o Dia das Bibliotecas escolares (24 de Outubro), para celebralo realizamos un mural Bookface coa axuda das familias do centro.  As fotos quedaron moi divertidas. Hoxe tamen desfrutaron dunhas voltas en Kars no pavillón, que ben o pasamos no cole! Grazas a todos e todas pola vosa colaboración

Bibliopatio en Infantil

Imagen
  Comezamos este curso con Bibliopatio en Infantil, todos os xoves podemos desfrutar dos libros durante o periodo de recreo.  Qué ben o pasamos!

Benvidos e benvidas ao curso 2023-2024

Imagen
Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión. Contamos coa colaboración familia-escola para que o curso sexa unha gran experiencia de aprendizaxe para todos. Arrancamos en 3, 2, 1...

O noso Patio

           Grazas a participación e axuda das familias de Infantil temos este patio tan bonito.               Grazas familias por facer realidade a colaboración familia-escola. 😍😍😍   

Samaín de medo!

Imagen
  Qué ben o pasamos o venres celebrando o Samaín! Fixemos unha visita ás cabazas da entrada, onde puidemos ver as creacións dos nenos/ nenas e familias do cole. Algunhas eran terroríficas. Demos de comer unha galleta cos nosos medos debuxados ao monstruo comemedos da Biblioteca que papounas todas!, vimos un corto, asistimos a unha actuación musical cos de Primaria e ata fixemos un baile todos xuntos “O twist do esqueleto” xunto cos profes. Qué ben o pasamos!

Horto 2022-2023

Imagen
        Este curso continuamos traballando na nosa horta. Primeiro, despois do verán, tivemos que acondicionar todos os bancais, retirando as herbas e removendo a terra. Despois deste arduo traballo, fixemos buratos na terra para plantar: coliflor, verza rizada, puerro, repolo, lombarda, brécol e remolacha. Unha vez plantados rematamos regando a terra para que poida medrar. Pouco a pouco iremos mostrando os avances.   Qué ilusión ver medrar a nosa plantación!