Entradas

Semana da prensa (4 ao 8 de Marxo)

Imagen
                                   Esta semana desde o Equipo de Biblioteca propuxeron unha actividade para convertirnos en xornalistas. Creamos a nosa noticia, buscamos unha boa noticia dos xornais ou unha que pasara no noso centro.  Cada aula colaborou en crear un tendal de boas noticias. 

8M

Imagen
                  A semana pasada celebramos o Dia da Muller (8M) as familias colaboraron coa foto da muller máis importante para eles.  Toda a semana falamos sobre a importancia do respeito e que todos temos os mesmos dereitos. Desde o Equipo TIC propuxeron traballar as mulleres referentes   Este ano, debido á nova incorporación no programa de Polos Creativos, quixemos orientalo cara a visibilización de grandes mulleres científicas como son Ada Lovelace, Margarita Salas, Hipatia de Alejandría ou a xa moi coñecida Marie Curie, entre outras. Esta magnífica exposición culminou coa incorporación da placa programable makey-makey coa cal o alumnado puido gravarse e escoitar así as biografías das diferentes mulleres.  Foi un éxito rotundo! https://www.instagram.com/p/C4XbG8cOKGF/

Dia de Rosalía de Castro

Imagen
  Esta semana traballamos a Rosalía e hoxe celebramos o Dia de Rosalía de Castro, despois de facer o "Roteiro rosaliano" proposto por o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con preguntas sobre a homenxeada recobimos o agasallo:  unha volta en Kars.        Felicidades Rosalía! https://enredacoalinguatin.blogspot.com/2024/02/aniversario-de-rosalia-de-castro.html

Dia da Candeloria

Imagen
   O  Día das Candeas  ou  Día da Candeloria  celébrase o 2 de febreiro,  cando ' casan os paxariños e maila galiñola '. O noso alumnado aproveitou esta data para enviar cartas de amizade aos compañeriros e compañeiras da escola. Lembrade que ' cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro'

Entroido

Imagen
           Cumplimos as ordes do Meco para celebrar o Entroido. Desfrutamos das Coplas cantadas polos         maiores do cole e rematamos a semana co desfile, queima do Meco e degustación de doces.

Dia escolar da paz e a non violencia

Imagen
                 Este martes celebramos todos xuntos o Dia da paz.  Primeiro, desfrutamos o venres e luns unhas sesións de ioga onde descubrimos que a paz comeza en nós. Para rematar cun mural feito por todos os alumnos e alumnas do cole, facendo grúas pola paz e unhas mans. Nese dia escoitamos as peticións de todos os cursos pola paz a través da megoafonia e rematamos cantando a canción de "Soño un planeta de paz".  Esperemos que remate a guerra e podamos vivir nun mundo de paz.  Canción:  "Un Planeta de Paz"  clica e canta

A nosa Horta💚

Imagen
                    Seguimos co traballo na nosa horta, a chuvia deunos un descanso dun par de días e acudimos para revisar os allosporros, que medraron moito na nosa ausencia. Como desfrutamos calzando as botas e saíndo a nosa contorna para traballar a terra!