Entradas

Recolleita

Imagen
   RECOLLEITA! !      O ciclo natural de traballo no horto escolar chegou ao seu fin  co remate das clases. Por iso os cativos e cativos estiveron a colleitar  patacas. De seguro que están boísimas!!!   Por aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o gran traballo que fixeron. Fai clic en cada imaxe para vela máis grande . 3 ANOS 4 ANOS 5 ANOS  

Avanzamos no noso pequeno gran horto

Imagen
Paso a paso o noso horto vai crecendo!  Desta vez plantando patacas como podedes ver a continuación: Tamén contamos cun sementeiro de leituga, tomates e remolacha que plantaremos no horto ao voltar das vacacións de Semana Santa. Ademais, engadiremos chícharos e tirabeques 🌱🌱 Como sabedes, podedes ver tódalas fotos clicando no correspondente collage do curso que vos interese.  Ata á volta!

O noso horto segue vivo!!

Imagen
Xa temos a nosa primeira plantación de allos!! Feita antes de marchar de vacacións e levada a cabo polos nosos nenos de 5 anos. E, agora en xaneiro, acelgas.  Os de 4 pola súa parte, fixeron un sementeiro de leituga, remolacha e tomate corazón. E os nenos de 3 anos colaboraron regando os nosos cultivos 🌱 Recordámosvos que podedes ver tódalas fotos clicando no collage correspondente.  Boa semana!

Benvido Nadal!

Imagen
Chegou o N a d a l !! E como é unha das nosas festas favoritas celebrámola no cole moi emocionados. 🎶 Bailamos cancións e panxoliñas que nos deixou a profe Viqui no seu blog de música e que podedes escoitar no seguinte enlace:   Música Atín: NADAL (musicatincela.blogspot.com) 👑 Recibimos a visita dos paxes reais e entregámoslles as nosas cartas.  🎄E tamén fixemos moitas manualidades! Como regalo de Nadal para as nosas casas, realizamos unha árbore moi navideña. Para elo, fumos a recoller paus ao redor do cole, c ortámolos, ordenámolos de menor a maior e pegamos con cola nun depresor. Cando secaron, chegou o momento de decoralas! Así que pincelamos os pauciños cun pouco de cola e botámoslle purpurina por riba para que nos quedaran moi brillantes e, por último, troquelamos en goma eva lazos e estrelas cos que decoramos a árbore ao noso gusto: Mirade qué ben nos quedaron:  Podedes ver máis fotos do proceso clicando no collage do curso que vos interese. Esperamos que vos gustasen moito!

Evitando a sobreprotección

Imagen
“Sobreproteger es desproteger … Evitar que tus hijos sufran es evitar que crezcan.” – Ale de Barbieri Esta semana deixámosvos por aquí un artigo recomendación do profe Edu no que se fala da importancia de evitar a sobreprotección.  Podedes consultalo premendo no seguinte enlace:  “Cariño, ten cuidado que te vas a caer”: por qué los niños necesitan menos sobreprotección y más juego libre | Expertos | Mamas & Papas | EL PAÍS (elpais.com) É necesario que os nenos corran, trepen, salten, fagan equlilibrios...e os adultos lonxe de dicir "non corras que vas a caer e mancarte", debemos ofrecerlles seguridade e deixar que xoguen libremente para que sexan capaces de coñecer as súas posibilidades e limitacións por eles mesmos mediante autoaprendizaxe.  A sobreprotección fai que os nenos sexan máis medorentos, menos autónomos e con baixa tolerancia á frustación. Por iso, deixámosvos 5 consellos prácticos para evitalo e que sexan cada vez máis independentes e capaces de resolver as s

Aprendemos xuntos

Imagen
Nesta ocasión, deixámosvos un vídeo de Francesco Tonucci. Tamén coñecido como Frato, é un pensador, psicopedagogo e debuxante italiano que fai unha reflexión sobre o significado real da palabra <<educar>> e da importancia dunha boa relación e coordinación familia-escola. Clica na imaxe para escoitalo:

Tecnoloxía, ¿beneficia ou perxudica o desenvolvemento dos nenos?

Imagen
" Que un niño de 3 años sepa desbloquear la pantalla de un celular, no es noticia que hoy sorprenda. Los nativos digitales crecen creyendo que los aparatos electrónicos son parte fundamental del día a día" Neste interesante artigo que vos deixamos a continuación analizan os pros e os contras do impacto que a tecnoloxía xera nos máis pequenos. Cal é a túa opinión? Preme no enlace de abaixo para botarlle un ollo 👀: Educar sin tecnología: ¿El método que no falla?