Entradas

Benvidos ao curso 2022-2023!

Imagen
     Iniciamos un novo curso cheo de ilusión e ganas de aprender. Neste recuncho iremos amosando todas as nosas aventuras nas que esperamos contar coa vosa participación.     3,2,1... Comezamos!

RECOMENDACIÓNS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

Imagen
  Benqueridas familias, achegámosvos  unhas pequenas recomendacións de actividades e tarefas para continuar favorecendo a desenvolvemento dos nosos cativos e cativas. Pinchade na imaxe para acceder ao arquivo en Pdf. A equipa de infantil deséxavos un bo verán.

Recolleita

Imagen
   RECOLLEITA! !      O ciclo natural de traballo no horto escolar chegou ao seu fin  co remate das clases. Por iso os cativos e cativos estiveron a colleitar  patacas. De seguro que están boísimas!!!   Por aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o gran traballo que fixeron. Fai clic en cada imaxe para vela máis grande . 3 ANOS 4 ANOS 5 ANOS  

Avanzamos no noso pequeno gran horto

Imagen
Paso a paso o noso horto vai crecendo!  Desta vez plantando patacas como podedes ver a continuación: Tamén contamos cun sementeiro de leituga, tomates e remolacha que plantaremos no horto ao voltar das vacacións de Semana Santa. Ademais, engadiremos chícharos e tirabeques 🌱🌱 Como sabedes, podedes ver tódalas fotos clicando no correspondente collage do curso que vos interese.  Ata á volta!

O noso horto segue vivo!!

Imagen
Xa temos a nosa primeira plantación de allos!! Feita antes de marchar de vacacións e levada a cabo polos nosos nenos de 5 anos. E, agora en xaneiro, acelgas.  Os de 4 pola súa parte, fixeron un sementeiro de leituga, remolacha e tomate corazón. E os nenos de 3 anos colaboraron regando os nosos cultivos 🌱 Recordámosvos que podedes ver tódalas fotos clicando no collage correspondente.  Boa semana!

Benvido Nadal!

Imagen
Chegou o N a d a l !! E como é unha das nosas festas favoritas celebrámola no cole moi emocionados. 🎶 Bailamos cancións e panxoliñas que nos deixou a profe Viqui no seu blog de música e que podedes escoitar no seguinte enlace:   Música Atín: NADAL (musicatincela.blogspot.com) 👑 Recibimos a visita dos paxes reais e entregámoslles as nosas cartas.  🎄E tamén fixemos moitas manualidades! Como regalo de Nadal para as nosas casas, realizamos unha árbore moi navideña. Para elo, fumos a recoller paus ao redor do cole, c ortámolos, ordenámolos de menor a maior e pegamos con cola nun depresor. Cando secaron, chegou o momento de decoralas! Así que pincelamos os pauciños cun pouco de cola e botámoslle purpurina por riba para que nos quedaran moi brillantes e, por último, troquelamos en goma eva lazos e estrelas cos que decoramos a árbore ao noso gusto: Mirade qué ben nos quedaron:  Podedes ver máis fotos do proceso clicando no collage do curso que vos interese. Esperamos que vos gustasen moito!

Evitando a sobreprotección

Imagen
“Sobreproteger es desproteger … Evitar que tus hijos sufran es evitar que crezcan.” – Ale de Barbieri Esta semana deixámosvos por aquí un artigo recomendación do profe Edu no que se fala da importancia de evitar a sobreprotección.  Podedes consultalo premendo no seguinte enlace:  “Cariño, ten cuidado que te vas a caer”: por qué los niños necesitan menos sobreprotección y más juego libre | Expertos | Mamas & Papas | EL PAÍS (elpais.com) É necesario que os nenos corran, trepen, salten, fagan equlilibrios...e os adultos lonxe de dicir "non corras que vas a caer e mancarte", debemos ofrecerlles seguridade e deixar que xoguen libremente para que sexan capaces de coñecer as súas posibilidades e limitacións por eles mesmos mediante autoaprendizaxe.  A sobreprotección fai que os nenos sexan máis medorentos, menos autónomos e con baixa tolerancia á frustación. Por iso, deixámosvos 5 consellos prácticos para evitalo e que sexan cada vez máis independentes e capaces de resolver as s