Entradas

A nosa Horta💚

Imagen
                    Seguimos co traballo na nosa horta, a chuvia deunos un descanso dun par de días e acudimos para revisar os allosporros, que medraron moito na nosa ausencia. Como desfrutamos calzando as botas e saíndo a nosa contorna para traballar a terra!  

Novo Recuncho Creativo na Biblio

Imagen
                 A nosa mascota da Biblio, O Polbiño Libreiro agasallounos este mes con moitos recursos novos no Recuncho Creativo da Biblioteca, pensado para crear, imaxinar, pintar, construir, e sobre todo desfrutar. Estamos encantados con este novo espazo.

Concurso Pilabot

Imagen
         Comezamos a recoller pilas e acumuladores, participamos no Concurso Pilabot.   A través da sua reciclaxe evitamos crear residuos contaminantes. O obxectivo é reducir o consumo de pilas e  substituílas por pilas recargables.  Grazas pola vosa colaboración! Para máis información consultar: https://pilabot.gal/es/concurso/   

FELIZ ANO 2024!💫

Imagen
                       Feliz ano a todos/as!                   Grazas por confiar no noso centro para a educación dos vosos fillos/as. 

Nadal no Atín

Imagen
           Xa se achega o Nadal e comezan as propostas en Infantil relacionadas co tema. Esta semana traballamos en 3 anos a motricidade fina a través de actividades de decoración dunha árbore de madeira, ensartado de limpiapipas con elementos de Nadal, traballo ca plastilina con elementos de Nadal... Esta semana tamén viñemos moi guapos e guapas para cantar a nosa panxoliña de Nadal. Qué ganas de ver o resultado. 

Criar con saúde mental

Imagen
Que necesidades emocionais teñen os nosos fillos?, como crialos para que se convertan en adultos mentalmente sans e resilientes?, a que dificultades enfróntanse os pais e nais de hoxe? A estas e outras moitas preguntas responde María Velasco, psiquiatra e psicoterapeuta especialista en nenos e adolescentes. “Vivimos nunha sociedade que non permite nin aos pais/nais nin aos fillos/as vivir unha infancia e unha adolescencia mentalmente sas. A soidade e a falta de axuda, así como as esixencias sociais, son algunhas das causas de que os pais e as nais non poidan satisfacer as necesidades dos nenos e adolescentes”, explica. No seu libro, ‘Criar con saúde mental’, a doutora Velasco une a análise ás propostas para axudar aos pais e nais actuais a criar aos seus fillos, co obxectivo de que se convertan en adultos mentalmente sans, capaces e resilientes.

Maxia na manga

Imagen
    Este venres gozamos do espectáculo de Maxia na manga, onde os protagonistas magos e magas achegan de unha forma lúdica a maxia e a igualdade.