Entradas

Mostrando las entradas con la etiqueta Celebracións

O noso propio magosto

Imagen
Hoxe por fin tivemos a sorpresa...🌰 Todos os nenos de Infantil disfrutamos dun magosto tradicional! E... como é iso? Pois primeiro fixemos unha base de fasco, tamén chamado frouma (folla do piñeiro). E, enriba da base, botamos as castañas como vedes na imaxe: Unha vez botadas as castañas, temos que cubrilas botando por riba máis fasco. Despois, xa chega o momento de prender lume ao redor. Logo dun anaquiño, apagamos o lume e xa tiñamos as castañas asadas. Listas para comer!

A ritmo de magosto

Imagen
Este venres tocounos celebrar outra festa, o magosto . Pero sabedes cal é a súa orixe? Clica na seguinte imaxe para descubrilo! Numerosos músicos crearon cancións adicadas ao magosto. Coñecedes algunha das que vos deixamos a continuación? O outono de Uxía Lambona e a banda molona 🎵 O rap do Magosto de Paco Nogueiras 🎶 Tres castañas polo chan de Susa Herrera 🎵 Chegou o Magosto de Jesús Pareja 🎶 Outra tradición é a dos zonchos. Qué é isto? Castañas cocidas coa pela que unha vez frías, cunha agulla e un cordel se enfían unhas detrás doutras ata crear un colar.  Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che ei de dar moitos... Dille Rosalía á nena gaiteira no comezo de Cantares Gallegos. Deixámosvos un exemplo: Pola nosa parte, no cole mergullámonos no ambiente otoñal galego e a chuvia non impediu que todos disfrutásemos das castañas e da música. Polo que, cando chegou a hora do almorzo, por quendas acudimos ao patio para coller as castañas asadas que nos tiña

Festa de cabazas no Samaín

Imagen
Este venres 30 de outubro celebramos a festa do Samaín . Coñeces a orixe desta festividade? Pica na imaxe. No cole os cativos de infantil pasárono xenial! Algúns viñeron disfrazados de bruxas, esqueletos, vampiros, demos...👻💀👿 daban moito medo!! Bailamos un montón de cancións de Samaín como estas:  Brinca Vai no Samaín de Kalandraka  O Samaín de Uxía Lambona e a banda molona E, por turnos, fumos a visitar a exposición de cabazas tanto de Infantil como de 1º e 2º de Primaria. Estaban todas moi chulas!! 🎃  Estas foron as nosas creacións: Foi unha festa moi divertida 🎉